Content goes here[/box] A Federación Galega de Tríatlon, a través da área de Muller e Tríatlon ven de crear o III Campus de Adestramento Muller e Triatlón que se celebrará do 13 ao 15 de decembro en Pontevedra, encadrado dentro das actividades de promoción do deporte feminino.
Este campus vai dirixido a triatletas maiores de 18 anos e busca facilitar unha experiencia de convivenza entre mulleres do noso deporte, a través da práctica e adestramentos de tríatlon e actividades de ocio, sempre guiadas por persoal técnico con experiencia.
Ademáis de actividades de práctica deportiva, están programadas varias charlas sobre a práctica deportiva en triatlon dirixidas a mulleres deportistas.
Traballaremos as 3 disciplinas, faremos transicións, aspectos de forza, mantemento de material e moitas cousas máis. O precio inclúe aloxamento, pensión completa e acceso a instalacións.
Podes obter máís información na seguinte ligazón: https://fegatri.org/evento/iii-campus-adestramento-muller-e-triatlon-pontevedra/
Triptico II CAMPUS MUJER Y TRIATLÓN