IMPORTANTE PRESENZA GALEGA NA COPA DE EUROPA DE TRÍATLON SPRINT DE ALTAFULLA

15 de Xullo de 2016

O domingo 17 de xullo celebrarase a Copa de Europa de Tríatlon Sprint de Altafulla, que é ademais o Campionato do Mediterráneo, cunha importante presenza de triatletas galegos.

Na proba feminina, que comezará ás 12:15 horas, participarán Camila e Melina Alonso, así coma Sara Guerrero, nunha proba na que as triatletas españolas son maioritarias. Na masculina (14:00 horas) estarán no punto de saída os galegos Alberto Castiñeira, Andrés Cendán, Martín Carrera e Iago Lorenzo Soto, ademais do venezolano Luismi Velásquez (deportista do Grupo de Alto Rendemento do CGTD).

As distancias serán de 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe.

Quizáis che interese…