TRES MEDALLAS GALEGAS INDIVIDUAIS E DÚAS DE RELEVOS NO EUROPEO DE TRIATLE DE SETUBAL

15 de Xullo de 2016

Galicia acadou tres medallas individuais (dúas pratas e un bronce) e dúas (ouros) na modalidade de relevos mixtos no Campionato de Europa de Triatle que se está a disputar esta fin de semana en  Setubal (Portugal).
Na categoría júnior Raúl Blanco acadou unha prata que ten moito valor dado o altísimo nivel dos participantes. Ademais, Marcos Rodríguez (veteranos) logrou a segunda posición, mentres que Claudia Gámez (en alevín) foi bronce.

Relevos. Tanto Raul como Claudia tiveron dobre premio.  Claudia Gámez acadou o ouro na modalidade de relevos mixtos na categoría alevín xunto a un asturiano, mentres que Raul Blanco e Andrea Vidal foron ouro en relevos mixtos júnior.

O resto dos galegos; Mireia Vázquez (benxamín) quedou na cuarta posición, Andrea Vidal (cadete) foi sétima e Ainhoa Corral (alevín), novena.

O triatle é unha modalidade de reciente creación, promovida pola Federación de Péntatlon Moderno,  que combina as disciplinas de tiro, natación e carreira. O torneo continua en Sétubal durante a fin de semana, xa que tamén se disputa o Europeo de Biatle.

 

Quizáis che interese…

BO NADAL!

BO NADAL!

A Federación Galega de Tríatlon quere desexarvos unhas felices festas e  un próspero...