IMPORTANTE PRESENZA GALEGA NA COPA DE EUROPA DE TRÍATLON SPRINT DE ALTAFULLA

30 de Xuño de 2017

O domingo 2 de xullo celebrarase a Copa de Europa de Tríatlon Sprint de Altafulla, que é ademais o Campionato do Mediterráneo, cunha importante presenza de triatletas galegos.

Na proba feminina, que comezará ás 11:15 horas, participarán Inés Santiago, Melina Alonso, Sara Guerrero ou Jocelyn Brea, nunha proba na que as nosas deportistas tentarán loitar polas primeiras posicións.  Na masculina (13:00 horas) estarán no punto de saída os galegos Uxío Abuín, Alberto Castiñeira, Andrés Cendán, Diego Paz e Martín Carrera. Ademais hai que destacar que tamén participará en paratriatlon, categoría PT-VI (para deportistas con discapacidade visual) Susana Rodríguez Gacio, nesta oportunidade coa guía Paula García Godino.

As distancias serán de 750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe.

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...