INÉS CASTAÑO E MARTÍN CARRERA, CAMPIÓNS GALEGOS DE ACUATLÓN

2 de Xullo de 2017

Inés Castaño (Arcade Inforhouse) e Martín Carrera (Natación Riveira) proclamáronse campións galegos absolutos de acuatlón, no I Acuatlón Concello de Poio, que se celebrou hoxe coa participación de máis de 300 deportistas de todas as categorías.

A competición comezou coas probas de menores nunha mañá moi soleada e cunha alta temperatura, ata que ás 13:00 horas deuse a saída á competición absoluta.

Na categoría masculina, da auga saíu un grupo de cinco deportistas (Carlos Brión, Iván Rubio, Martín Carrera, Marcos Ruíz e Marcos Vila) moi xuntos e cunha importante distancia sobre o resto (en torno ao minuto). Así parecía que o triunfo ía estar entre estes cinco homes, que tiveron que pelexar nun circuíto de carreira a pe moi esixente e duro. Ao final, proclamouse campión galego Martín Carrera cun tempo de 30:46, mentres que segundo foi Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol) a 24 segundos e a terceira posición foi para Iván Rubio (Tríatlon Arteixo) cun tempo finald e 31:16.

Na categoría feminina o triunfo na proba foi para a deportista do Cidade de Lugo Fluvial, Esther Rodríguez, que non competía polo título galego. Na proba feminina comezaron mandando na natación Ana María Santiso (Náutico de Narón) e Noelia Gómez (Motobike Galaico Pontevedra), que foron as máis rápidas neste segmento, aínda que despois acusaron a dureza do trazado da carreira a pe, e quedaron fóra das medallas. Por detrás, Esther Rodríguez (que perderá na auga 45 segundos) foi remontando para chegar a meta na primeira posición do I Acuatlón Concello de Poio. A segunda posición, e campioa galega, foi para a júnior Inés Castaño (Arcade Inforhouse), que está a facer unha gran campaña. O terceiro posto en meta foi para Edymar Brea (Tri-Penta Terras de Lugo), a irmá pequena de Joselyn, que tampouco compite polo título galego.

Así, o podio do campionato galego quedou formado por Inés Castaño como campioa (36:00), mentres que a segunda posición foi para Ana Pérez García-Picher (Galaico Pontevedra) e o bronce caeu en mans de Carla Castaño (Arcade Inforhouse).

O resto dos gañadores do I Acuatlón Concello de Poio foron:

  • Benxamín: Rebeca Teijeiro (Tríatlon Ferrol) e Lucas García (Talleres David Tríatlon Compostela).
  • Alevín: Marta Novo (Motobike Galaico Pontevedra) e Iago Otero (Talleres David Tríatlon Compostela).
  • Infantil: Elsa Pena (Cidade de Lugo Fluvial) e Alejandro Rodríguez Rilo (Tríatlon Ferrol).
  • Cadete: Natalia Castro (Motobike Galaico Pontevedra) e Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial).
  • Júnior: Inés Castaño (Arcade Inforhouse) e Marcos Ruiz (Tríatlon Ferrol).
  • Veterán: Paloma Herbello (Arcade Inforhouse) e Iván Rubio (Tríatlon Arteixo).

Quizáis che interese…

Acuatlón Castrelo do Miño

Acuatlón Castrelo do Miño

O pasado fin de semana celebrouse a Copa Deputación Ourense de Acuatlón - Acuatlón Castrelo de...