INÉS SANTIAGO, 12ª NO CAMPIONATO DO MUNDO JÚNIOR DE TRÍATLON

19 de Setembro de 2015

A deportista galega Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) acadou a decimosegunda posición no Campionato de Mundo Júnior de Tríatlon, que se celebrou hoxe en Chicago. A galega foi moi regular durante toda a proba, estando sempre ben colocada.

Saiu da auga no posto décimoterceiro, moi preto das primeiras clasificadas, e non puido engancharse ao primeiro grupo. Así, na bicicleta as distancias aumentaron e cando saiu da segunda transición estaba a 50 segundos da cabeza de carreira. Na carreira a pe mantivo o ritmo e chegou a meta na 12ª posición cun tempo de 01:00:21.

 

Noraboa Inés!

Resultados

 

 

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....