A galega Inés Santiago (Tríatlon Ferrol) logrou o triunfo no Clasificatorio para o Campionato de España de Tríatlon de Madrid, que se celebrou o domingo. Na proba masculina, hai que destacar a cuarta posición de Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol).
Inés dominou a proba dende o primeiro segmento, e foi en cabeza en todo momento, ata chegar a meta cun tempo de 1:13:02. A segunda posición foi para Sara Bonilla (1:15:40), mentres que terceira foi Cecilia Santamaría (Cidade de Lugo Fluvial) cun tempo de 1:16:56.
Na categoría masculina, hai que destacar a cuarta posición do deportista do Tríatlon Ferrol Marcos Ruiz, que loito polo podio no sprint final e quedou cuarto por so un segundo. O triunfo foi para Iván Gil (Diablillos de Rivas).