SERIES DE NATACIÓN
Series de Natación
INSCRICIÓN DEFINITIVA:
Dorsais_Nada_Corre_Carballo_2019
Información importante a todos os clubs participantes no III Nada e Corre Concello de Carballo.
PROBAS NATACIÓN:
Debido a gran cantidade de inscritos e co fin de evitar aglomeracións na piscina, organizarase o quecemento de natación en dous turnos.
• De 9:00 a 9:25 grupo prebenxamíns, benxamíns e alevíns
• De 9:25 a 9:50 grupo infantís e cadetes.
Así mesmo as series de natación das categorías infantil e cadete confeccionaranse con dous nadadores por rúa.
Para axilizar a proba de natación, os prebenxamíns e benxamíns deberán saír da auga para dar a seguinte saída, mentres que os alevíns, infantíns e cadetes sairán ca serie anterior dentro da auga.
PROBAS CARREIRA:
O circuito estará pechado ao tráfico e habilitado para o quecemento a partir das 11:30hs.
Haberá cronometraxe con chip, cada participante recollerao co seu dorsal, e devolverao ao finalizar a carreira na carpa de avituallamento.
Haberá unha carreira por cada categoría e sexo. Todas as carreiras disputaranse a unha volta agás a cadete que será a dúas voltas.
INSCRICIÓN PROVISIONAL:
Inscrición Nada Corre Carballo 2019 para web