IRIA RODRÍGUEZ, SEXTA NA COPA AMÉRICA DE PLAYA HERMOSA

5 de Marzo de 2019

Iria Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial) foi sexta e Inés Castaño (Arcade Inforhouse), undécima na Copa de América de Tríatlon de Playa Hermosa (Costa Rica). Foi unha proba moi dura polas condicións meteorolóxicas e polos percorridos.

Así as sensacións non foron as mellores paras as nosas deportistas. Iria nadou ben e entrou no primeiro grupo da natación formado por tres deportistas, pero despois na bicicleta, perdeu ás de cabeza, aínda que foi quen de manter  a sexta praza ata o final cun tempo de 01:11:33. Pola súa banda, Inés non puido estar coas primeiras na natación e finalmente rematou na undécima posición (01:16:00). Logrou a vitoria a colombiana Lina María Raga, que tamén venceu na proba da Habana.

A Copa CAMTRI de Playa Hermosa (Costa Rica)  disputouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bici e 5 de carreira a pe), cun circuíto de bicicleta e de carreira a pe tremendamente esixente.

Así remata a aventura en terras americanas, trala disputa das Copas América da Habana e Playa Hermosa, con importantes puntos no ranking mundial para Iria Rodríguez, que foi cuarta na Habana e sexta en Costa Rica.

No seguinte enlace, tedes a clasificación:

Resultados

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....