IRIA RODRÍGUEZ, 12ª NA COPA DE EUROPA DE QUARTEIRA JÚNIOR

25 de Marzo de 2018

Iria Rodríguez acadou a 12ª posición na Copa de Europa de Quarteira júnior, que se celebrou hoxe. Ademais, tamén participou a galega Inés Castaño, que non tivo moita sorte na proba (sufriu flato).

Foi unha proba dura, cun mar moi movido e incluso choiva, o que obrigou á organización a modificar o circuíto de bicicleta para evitar caídas.

Desta forma, con estas complicadas circunstancias, Iria saíu da auga no segundo grupo, como a uns 40 segundos do primeiros, e conseguiu meterse no 12º posto, sendo a primeira triatleta española cun tempo final de 01:08:05. Pola súa parte, Inés saíu no terceiro grupo e quedou un pouco máis descolgada. Ademais, durante a carreira a pe sufriu flato, pero conseguiu chegar a meta na 30ª posición (01:10:12).

https://www.triathlon.org/results/result/2018_quarteira_etu_triathlon_junior_european_cup/321067

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...