IRIA RODRÍGUEZ, PRATA NA PROBA INDIVIDUAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE TRÍATLON ESCOLAR POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS

27 de Xuño de 2015

A galega Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) acadou a medalla de prata no campionato de España de Tríatlon Escolar, que se celebrou hoxe en Águilas (Murcia). Hoxe disputouse a proba individual e mañá terá lugar a de relevos. Trala disputa do primeiro día de competición, Galicia ocupa a terceira posición na clasificación por comunidades autónomas.

 

O sábado celebrouse a proba individual, un tríatlon no que os participantes fixeron 750 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pe. Na proba participaron un total de 19 comunidades e cada unha delas tiña a opción de presentar un equipo de catro deportistas por categoría.

 

Na categoría feminina, Iria Rodríguz estivo entre as mellores, tal e como xa fixo a semana pasada no Campionato de España de Tríatlon. Ana Carvajal e Lucía Salafranca lograron escaparse xuntas, mentres que Iria formaba parte do grupo perseguidor formado por 7 deportistas. Nun segundo grupo, Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol) e Rebeca Carnota (A.D. Fogar) con outras seis triatletas máis, intentaban achegarse e nesa loita, Rebeca caeu nunha rotonda, mentres que Raquel quedou descolgada. Ademais, un pouco máis retrasada, Inés Castaño (Arcade Inforhouse) tamén sufriu unha caída.

 

Por diante, Iria logrou remontar e superar a Ana Carvajal, de forma que acadou a medalla de prata na proba, por detrás de Lucía Salafranca, que foi ouro. Raquel foi a 14ª, Inés a 15ª e Rebeca, 29ª. Con estes resultados, Galicia ocupou a cuarta clasificación na xeral por equipos, que está liderada por Valencia.

 

Masculina. Na proba masculina os galegos fixeron unha proba moi regular, o que les levou á terceira posición por equipos. A proba foi liderada dende o inicio por Alberto González, que logrou irse en solitario na natación. Nun grupo perseguidor, formado por cinco deportistas, figuraba o galego Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol), mentres que por detrás viña Alex Pardo (A.D. Fogar) xunto ao subcampión de España Javier Llunch. A poucos segundos, nun terceiro grupo, figuraban os triatletas galegos Víctor Souto (A.D. Fogar) e Manel Rey (Talleres David Compostela). Novamente as caídas foron decisivas, xa que Alex e Víctor tiveron que remontar tras caer durante o segmento de ciclismo. Finalmente Marcos Ruíz foi oitavo na clasificación individual, mentres que Alex foi 13º; Manel 19º e Víctor, 25º.

 

Mañá domingo 28 de xuño (10:00 horas) celebrarase a proba de relevos mixto, na que participarán equipos formados por dous homes e dúas mulleres que realizarán un mini-tríatlon. Cada deportista terá que facer 300 metros de natación, 6 quilómetros de bicicleta e 1,5 de carreira a pe. Trala suma dos resultado de hoxe e de mañá darase a coñecer o podio do Campionato de España de Tríatlon Escolar por comunidades autónomas.

 

No ano 2014 Galicia logrou a medalla de prata na clasificación xeral do Campionato de España de Tríatlon Cadete por seleccións autonómicas, que se celebrou en Allariz. Valencia proclamouse campioa de España.

Quizáis che interese…