GUSTAVO RODRÍGUEZ, UNDÉCIMO NO  MUNDIAL DE TRÍATLON DE LONGA DISTANCIA EN SUECIA

27 de Xuño de 2015

O galego Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo) rematou na undécima posición do Campionato do Mundo de Longa Distancia, que se celebrou hoxe en Motala (Suecia). Proclamouse gañador do mundo o francés Cyril Viennot.

 

A proba comezou con cambios antes de saír. A auga estaba excesivamente fría polo que a organización decidiu reducir o segmento de natación de 4 quilómetros a 1.500 metros, feito que en principio favorecía ao tudense. Aínda así, Gustavo perdeu cinco minutos sobre o primeiro en saír da auga, Josh Amberger. Tocaba remontar, algo previsible, pero desgraciadamente non houbo remontada de Gustavo. A bicicleta é o seu mellor sector e normalmente recupera o tempo perdido na auga, pero nesta oportunidade non foi así e aínda perdeu máis tempo. Na carreira a pe, estivo a un bo nivel, pero non puido superar a undécima posición cun tempo de 05:07:15. O francés Cyril Viennot acadou o título de campión do mundo de longa distancia (04:54:33).

 

Ano 2014. Gustavo Rodríguez rematou na sexta posición do Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia, que se celebrou en Weihai (China). Era a primeira vez que o tudense disputaba esta proba e o seu debut foi moi positivo, sen dúbida algunha.

 

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....