Iria Rodríguez (Atletismo Porriño) foi a segunda española do Clasificatorio Júnior para o Campionato de Europa, que se disputou hoxe en Madrid. A triatleta galega, que arrastraba molestias nun pe, foi sempre en cabeza, xunto a Lucía Salafranca e Ana Carvajal, e co húngara Dorka Putnoczki un pouco máis destacada. Así continuou a proba na bicicleta, con estas tres deportistas nunha durísima loita. Na carreira a pe, que Iria enfrontaba con molestias nun pe, Salafranca logrou escaparse para chegar a meta por diante da galega. Así, a primeira clasificada foi Putnockzi, segundo posto (e clasificación para o Europeo) para Lucía Salafranca (01:15:42) e terceira, Iria Rodríguez (01:16:01). Nesta mesma categoría, Inés Castaño (Arcade), foi oitava, tras sufrir un ataque de asma correndo.
En júnior masculino, Iván Anzaldo (Náutico de Narón) foi oitavo despois de facer unha gran remontada, xa que saiu na vixésima posición da auga, e foi escalando postos pouco a pouco. No caso de Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol) foi ao revés, de menos a máis. Trala natación era sexto clasificado, pero foise afundindo ata a 18ª posición.
Na proba youth feminina, Henar Cons (Motobike) foi décima despois de facer unha gran proba. Saiu da auga na primeira posición e tamén entraba entre as primeiras na T-2, onde sufriu un empurrón que lle fixo perder un tempo fundamental. Ao final, décima posición para a galega cun tempo de 40:12. Myriam López (Cidade de Lugo) non puido rematar.
Na youth masculina, Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial) foi o mellor de todos os galegos, ao acadar a novena posición cun tempo de 34:23, nunha actuación moi regular. Pola súa banda, Francisco Gómez (Cidade de Lugo) foi undécimo, mentres que Jorge Morado (Tríatlon Ferrol) fixo unha moi boa natación e bicleta, aínda que se desfondou un pouco na carreira a pe, para rematar na 15ª posición. O posto 16 chegou Javier Pena (Cidade de Lugo Fluvial). Arturo Ramos (Talleres David) foi 28º, Daniel Ríos (Cidade de Lugo Fluvial), 39º; Martín Casal (Talleres David Tríatlon Compostela), 48ª. Retiráronse Jorge González (por unha caída) e Martín Cando (Cidade de Lugo Fluvial).