Iván Puentes e Sara Guerrero, campións galegos de Dúatlon 2023

2 de Maio de 2023

  • Ivan Puentes do Tríatlon Ferrol e Sara Guerrero do A.D. Náutico de Narón, vencen no Cpto. Galego de Dúatlon celebrado en Lugo
  • Por clubes, o Cidade de Lugo Fluvial proclamouse campión galego na categoría masculina e feminina

O domingo, 30 de abril, nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo celebrouse o XXXII Dúatlon Cidade de Lugo Memorial Alejandro López, unha proba que acollía o Campionato Xunta de Galicia de Dúatlon 2023.

Os participantes, clasificados previamente, completaron un circuito de 5 km de carreira a pé, 20 km de ciclismo e 2,5 km de carreira a pé.
As 10:30 deuse a saída da proba masculina na que competían un total de 72 duatletas. Nos primeiros metros formouse un grupo de cinco competidores que avanzaron en solitario. Denis Incutti, Andres Cendán, Gustavo Santiago, Iván Puentes e Gabriel Moreira impuxeron un ritmo elevado para subirse á bici cunha vantaxe considerable. No sector ciclista o grupo de cabeza reduciuse a 4 deportistas, con Santiago, Cendán, Puentes y Moreria xogándose o primeiro posto no tramo final da competición. Finalmente, e tras unha gran carreira a pé, Iván Puentes do Club Tríatlon Ferrol levouse o título de Campión Galego de Dúatlon cun tempo de 0:54:46, en segunda posición chegou Andrés Cendán do Cidade de Lugo Fluvial cun tempo de 0:54:57 e na terceira posición o portugués, Gabriel Moreira do Tríatlon Inforhouse Santiago (0:55:01) quen non podía optar ao título galego. En cuarta posición rematou o duatleta do Club Tríatlon Poio, Gustavo Santiago (0:55:18), sendo terceiro na clasificación do campionato galego.

As 12:00 deuse a saída feminina na que participaron 39 mulleres. Elsa Pena e Natalia Castro impuxeron un ritmo alto dendo o comezo da proba. Sara Guerrero, un pouco máis conservadora, foi gañando posicións ao longo dos 5 km de carreira a pé ata darlles caza. No inicio do sector ciclista, Guerrero e Castro se escapaban en solitario, formándose por detrás un grupo con Elsa Pena, Ainoa Gontán, Gabriela Quintás e Raquel Alzaga que non logrou dar caza ás primeiras competidores. No derradeiro sector, o título de campioa galega xogábase entre Sara Guerrero e Natalia Castro. Guerrero impuxo un ritmo moi forte dende as primeiras zancadas, índose soa ata levantar a cinta de campioa galega cun tempo de 1:03:30. En segunda posición chegaba Natalia Castro do Cidade de Lugo Fluvial cun tempo de 1:04:15. Elsa Pena do Cidade de Lugo Fluvial completaba o podio cun tempo de 1:05:27.

Por clubes, na categoría masculina, o Cidade de Lugo Fluvial subiuse ao máis alto do podio, seguido do Tríatlon Ferrol e A.D. Náutico Narón.
Na categoría feminina, o Cidade de Lugo Fluvial tamén logrou o triunfo. O segundo clasificado foi o A.D. Náutico de Narón e o terceiro o Artrogal – Tri 498.

Na categoría Xuvenil, a primeira posición foi para Iago Prada e Lara Solsona do Club Hércules Termaria. E segunda posición para Lucas Ribó do Club Tríatlon Compostela e Noelia Rey do Tríatlon Inforhouse Santiago.

Na categoría Júnior, primeira posición para Alejandro Rodríguez do Tríatlon Ferrol e Gabriela Quintás do Club Olímpico de Vedra; segundo posto para Jarno Pousada do Cidade de Lugo Fluvial e Ainoa Gontán do Tríatlon Inforhouse Santiago; e terceira posición para Diego Carballeira do Tríatlon Ferrol e Rosana Fernández do Tríatlon Inforhouse Santiago.

Na categoría Sub23, primeira posición para Martín Cando e Natalia Castro do Cidade de Lugo Fluvial, segundo posto para Alexandre Álvarez e Elsa Pena do Cidade de Lugo Fluvial  e terceira posición para Víctor Bouzón do Club Olímpico de Vedra e Iria Fernández da A. Polideportiva San Ramón de Vilalba.

Na categoría Veteranos e Veteranas 1, a primeira posición foi para Nicolás Domínguez do A.D. Náutico de Narón e Margarita Villaverde do Artrogal – Tri 498, segunda posición para Jacobo Crego do Tríatlon Inforhouse Santiago e Beatriz Barroso do Artrogal – Tri 498, e terceira posición para Carlos Juanatey e Elisa Vanesa Blanco do Artrogal – Tri 498.

Na categoría Veteranos e Veteranas 2, a primeira posición foi para Luis Alberto Paredes do Club Tríatlon Poio e Julia Vaquero do Tríatlon Inforhouse Santiago, segunda posición para Pio Iglesias do Club Tríatlon Compostela e María Elena Miguens do Club Olímpico de Vedra, e terceira posición para Jorge Manuel García do Cidade de Lugo Fluvial

 

 

Quizáis che interese…