IVÁN RAÑA E JAVIER GÓMEZ NOYA PREMIADOS POLO COMITÉ OLÍMPICO ESPAÑOL.

27 de Novembro de 2019

O Comité Olímpico Español acordou por unanimidade outorgar a Javier Gómez Noya e Iván Raña a súa máxima distinciaón, a Orden Olímpica.

Os dous triatletas galegos recibiran este galardon pola súa importante labor e contribución ao Olimpismo.

Iván Raña tomou parte en 3 citas olímpicas, Sidney 2000, Atenas 2004 e Pekín 2008. Iván acadou dous diplomas olímpicos ao rematar quinto tanto en Sidney coma en Pekín.

Javier Gómez participou en Pekín 2008 e nos Xogos de Londres 2012 dónde acadou a medalla de prata.

O acto de entrega será o vindeiro 11 de decembro na sede do Comité Olímpico Español en Madrid.

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...