Gran triunfo de Iván Raña. O galego de Ordes logrou o triunfo no Ironman de Klagenfurt (Austria) e segue dando pasiños importantes na longa distancia. Raña non só acadou a vitoria, senón que ademais rematou a proba cun tempo excepcional, por debaixo das oito horas (07:48:43). O galego foi moi regular en todos os segmentos, ocupando sempre as primeiras posicións tanto na natación (foi o sétimo ao remate dos 3,8 quilómetros), bicicleta (foi o mellor tras facer 180 quilómetros) e na carreira a pe (42,2). Na segunda posición chegou o alemán Christian Kramer, a seis segundos do galego.
Raña ten na súa cabeza o Mundial de Hawai, onde o pasado ano xa logrou a sexta posición.