IVÁN RAÑA NO IRONMAN DE LANZAROTE

23 de Maio de 2019

Vento, calor e o desnivel no segmento ciclista fan do Ironman de Lanzarote unha das probas máis duras do mundo e a súa vez tamén unha carreira na que todo triatleta de longa distancia quere participar en algunha ocasión.

O triatleta de Ordes, Iván Raña que rematou en segunda posición na pasada edición e foi quinto no 2016. Volverá a competir en Lanzarote. Na illa na que habitualmente adestra buscará o pase para o Campionato do Mundo de Ironman que se disputará en Hawaii en outubro. O novo sistema de clasificación da franquicia só outorgará un “slot” na proba canaria, é decir tan só o vencedor da proba conseguirá o billete para Kona.

A lista de inscritos en profesionais augura un gran espectáculo o próximo sábado. Nomes coma os de Alessandro Degasperi vencedor en 2015 e 2018, Frederik Van Lierde campión do mundo 2013, Giulio Molinari campion de Europa de Media Distancia, e o veterano triatleta alemán Andreas Raelert serán algúns dos rivais de Iván Raña.

A proba dará comezo as 8:00 AM (hora peninsular) e poderase seguir na web de Ironman

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.