JAVI GÓMEZ NOYA PRESENTA O SEU LIBRO A PULSO EN GALICIA

11 de Decembro de 2015

O noso pentacampión do mundo de tríatlon Javier Gómez Noya está a presentar en Galicia o seu libro A pulso, que en só un mes de vida xa vai pola terceira edición.

Onte 10 de decembro tivo lugar a primeira presentación en Vigo, coa participación do deportista e os dous autores (Paulo Alonso e Antón Bruquetas). Para hoxe está previsto facelo en Ferrol (20:00 horas, Campus Esteiro) e o domingo 13 a presentación celebrarase na Coruña (19:30 horas, Corte Inglés Marineda). En todas as presentacións estarán os autores e o protagonista, que asinarán os exemplares do libro ao remate do acto.

IMG-20151211-WA0000 IMG-20151211-WA0001

Quizáis che interese…

Abu Dhabi e Quarteira

Abu Dhabi e Quarteira

O venres comezaba unha fin de semana intensa seguindo os triatletas internacionais galegos....