O galego Javier Gómez Noya logrou, por segundo ano consecutivo, proclamarase hoxe en Des Moines (Estados Unidos) campión do mundo de 51.50, torneo organizado pola empresa Ironman e que destaca polos importantes premios económicos repartidos.
A principal novidade deste torneo, que se disputa sobre a distancia olímpica, é que o segmento de bicicleta realízase en contrarreloxo, sen a posibilidade de facer o ciclismo á roda doutro participante. E precisamente esa foi unha das dificultades que se atopou o ferrolán, xunto ás altísimas temperaturas. Gómez Noya foi o mellor no primeiro segmento (natación) e comezou a bicicleta na primeira posición, pero os especialistas este torneo (que compiten habitualmente nestas condicións) lograron reducir distancias e o americano Hunter Temper puido poñerse por diante na clasificación cando iniciaron o último sector (carreira a pe). Pero aquí, Gómez Noya volveu ser o mellor clasificado e logrou así chegar a meta na primeira posición, con quince segundos de vantaxe sobre Hunter. Terceiro e medalla de bronce foi o australiano Greg Bennet.
O circuíto 51.50 (que recolle a suma total dos quilómetros disputados -1,5 natación, 40 quilómetros de bici e 10 de carreira a pe-) consta de varias probas e os trinta mellores clasificados lograron a clasificación para a gran final, que é a que se disputou este domingo. No caso do galego, só tivo que participar nunha proba (no Europeo de Suíza, onde gañou) xa que defendía o título acadado o pasado ano.