JAVIER GÓMEZ NOYA E SUSANA RODRÍGUEZ, PREMIOS DEPORTE GALEGO 2013

11 de Marzo de 2014

O tríatlon ocupará un lugar predominante nos Premios Deporte Galego 2013 da Xunta de Galicia. Onte déronse a coñecer os premiados e houbo dobre galardón para o tríatlon galego. Javier Gómez Noya  foi elixido mellor deportista masculino do ano 2013, no que logrou o título de campión do mundo, o terceiro da súa carreira deportiva.

susana prata1Pola súa banda, a viguesa Susana Rodríguez foi elixida coma a mellor deportista feminina con discapacidade (neste caso visual). A galega logrou a medalla de bronce no Campionato de Europa de Tríatlon e dúas medallas de prata nos mundiais de tríatlon e de acuatlón.

A Federación Galega presentará un total de cinco candidaturas para estes premios, recibindo dous galardóns. Ademais, tamén estaban nas candidaturas Aroa Freije (candidata á mellor deportista revelación), Antonio Serrat (mellor deportista masculino revelación) e Wild Wolf Cidade de Lugo (mellor equipo feminino).

Quizáis che interese…