JAVIER GÓMEZ NOYA REGRESA Á LOITA POLO TÍTULO MUNDIAL EN ESTOCOLMO

20 de Agosto de 2015

Javier Gómez Noya enfronta o domingo 23 de agosto (15:36 horas, TVG) a cita de Estocolmo, oitava proba das Series Mundiais do 2014, coa ilusión do acadar un triunfo para chegar ás dúas últimas probas do Mundial nas mellores condicións de loitar polo título un ano máis. Na proba tamén participará Fernando Alarza, que está a realizar unha tempada excepcional, e que quere esquecer a proba de Hamburgo na que tivo problemas físicos.

 

Despois de cinco semanas de parón, regresa a competición das Series Mundiais de Tríatlon, nesta oportunidade en Estocolmo. Gómez Noya chega como líder destacado, pero necesitado dun triunfo, que sería o segundo da presente tempada e case o levaría en volandas cara ao quinto título mundial do ferrolán. Estocolmo non é unha cita que se lle dea especialmente ben a Javi, pero nesta oportunidade a proba será sobre a distancia olímpica, na que se atopa moito máis cómodo. Ademais, Javi chega con magníficas sensacións despois da súa vitoria en Río, que lle garantiu a súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Río, e na que foi moi superior aos mellores triatletas do mundo, todos presentes nesta destacada proba. Alarza foi undécimo en Río e tamén facendo un gran traballo.

 

Na inscrición de Estocolmo hai ausencias destacadas coma a dos irmáns Brownlee ou do francés Luis Vincent. Iso si, no pontón de saída estarán Mario Mola (segundo na clasificación do mundial), Fernando Alarza (terceiro) ou os portugueses Joao Pereira ou Joao Silva.

 

As Series Mundiais contan este ano con dez probas: Abu Dhabi, Auckland, Gold Coast, Cidade do Cabo, Yokohama, Londres, Hamburgo, Stockholm e Edmonton e Chicago (a gran final). Para a clasificación mundial os deportistas suman os cinco mellores resultados sendo obrigatorio participar na Gran Final, que ten unha puntuación moito máis alta.

 

Despois da disputa das sete primeiras probas do Mundial, Javi Gómez Noya continúa como líder provisional, con 3.705 puntos, mentres que segundo clasificado é Mario Mola (3.374) e terceiro, Fernando Alarza (2.961). Trala última proba en Hamburgo, sumouse a loita polo título mundial o francés Luis Vincent, que en catro carreiras disputadas acadou un triunfo, un segundo posto e dous bronces. Actualmente é o cuarto clasificado do Mundial.

 

No ano 2014 Javier Gómez Noya, con problemas físicos, non puido rematar a proba das Series Mundiais de Estocolmo, na que Jonathan Brownlee logrou o triunfo.

 

 

Quizáis che interese…