O XV TRÍATLON CIDADE DE PONTEVEDRA CONTARÁ CON CASE 200 PARTICIPANTES

20 de Agosto de 2015

O XV Tríatlon Cidade de Pontevedra, clasificatorio para o Campionato Galego, celebrarase o domingo 23 de agosto en Pontevedra coa participación de case 200 deportistas. Con anterioridade celebrarase o Yositri Pontevedra.

 

A cita comezará as 10:00 horas coa primeira saída do Yositri Pontevedra, mentres que as probas federadas comezarán ás 12:20 horas (feminina) e 12:30 (masculina). As distancias serán de 750 metros de natación, 20 de bicicleta e 5 de carreira a pe, mentres que a saída, meta e transición estarán ubicadas na Avenida de Buenos Aires (xunto á Ponte dos Tirantes).

 

Na categoría feminina haberá unha participación moi alta e de gran nivel. Moitos nomes a destacar coma os de María Ortega (Tri-Penta Terras de Lugo), Joselyn Daniely Brea (Tri-Penta Terras de Lugo), Camila Alonso (Tríatlon Ferrol), Marta Barbeito (Fogar) ou Melina Alonso (Tríatlon Ferrol). En paratriatlon participará a viguesa Susana Rodríguez (Cidade de Lugo) en PT-5 (deportistas con discapacidade visual). Na masculina parecen os principais favoritos Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo) e José Ricardo Vega (Tríatlon Arteixo).

Quizáis che interese…