JAVIER GÓMEZ NOYA REGRESA Á LOITA POLO TÍTULO MUNDIAL ESTE SÁBADO EN ESTOCOLMO

21 de Agosto de 2014

Javier Gómez Noya enfronta o sábado 23 de agosto (12:35 horas) a cita de Estocolmo, penúltima proba das Series Mundiais do 2014, coa ilusión do lograr o quinto triunfo das series e certificar un título que ten moi preto. Iso si, terá enfronte aos mellores e deberá loitar na distancia sprint, na que non logrou bos resultados esta tempada. Ademais, tamén competirán nesta proba Fernando Alarza e Jesús Gomar, na proba masculina, e María Ortega, na feminina.

Despois de cinco semanas de parón, regresa a competición das Series Mundiais de Tríatlon, nesta oportunidade en Estocolmo. Gómez Noya chega como líder destacado e xa pensando na gran final del Edmonton (que terá lugar a próximo fin de semana). Para o ferrolán é unha competición menos importante, xa que pouco pode mellorar na clasificación, ao contar con catro vitorias no peto (Auckland, Cidade do Cabo, Yokohama e Chicago), pero serviralle coma unha boa proba cara a gran final de Edmonton, que debe disputar obrigatoriamente para gañar o Mundial. Como grandes rivais nesta proba estarán Jonathan Brownlee e Mario Mola, segundo e terceiro na clasificación provisional do mundial por detrás de Javi, e grandes especialistas na distancia sprint, ou Richard Murray.

Ademais, en Estocolmo estarán Fernando Alarza, que adestra no Centro Galego de Alto Rendemento xunto a Omar González, e Jesús Gomar. Ambos teñen o obxectivo de seguir sumando puntos no ranking mundial. Na proba feminina, tamén competirá a deportista do CGTD María Ortega.

No ano 2013, Javier Gómez Noya logrou a medalla de prata na proba das Series Mundiais de Estocolmo, por detrás dun excepcional Alistair Brownlee, que logrou nese momento poñerse líder provisional do mundial, aínda que todo cambiou na final de Londres a favor do galego, nese inesquecible sprint final con Jonathan Brownlee.

Quizáis che interese…