José Manuel Vieito (Arcade Inforhouse) e Susana Simoes (Portugal) proclamáronse hoxe vencedores do primeiro tríatlon galego de longa distancia “NorthWestTriman”, que se celebrou en As Pontes cunha participación de 400 deportistas.
Foi unha proba moi dura, non só polas distancias (3,8 quilómetros de natación, 180 quilómetros de bicicleta e 42,2, de carreira a pe), senón pola dureza do trazado, un verdadeiro rompepernas para os participantes, e as altas temperaturas. Así, proclamouse vencedor da proba José Manuel Vieito (Arcade) cun tempo de 9 horas:28:01, mentres que chegou segundo a uns 14 minutos de distancia Fernando Luiña (Muralla de Lugo). Na categoría feminina, a primeira deportista en cruzar a liña de meta foi Susana Simoes, cun tempo de 12 horas e 15 minutos.