COMUNICADO FEGATRI CTO. ESPAÑA TRÍATLON POR AUTONOMÍAS

18 de Xuño de 2014

O próximo 27 e 28 de Xuño dispútase o Campionato de España de Tríatlon por Autonomías na localidade de Navajas (Valencia).  Tras as numerosas baixas producidas por diferentes motivos no equipo convocado a disputar este campionato, a Xunta Directiva ratificou a proposta do Director Técnico de non asistir a esta cita anual.
A causa fundamental destas baixas é a coincidencia con outras catro citas de suma importancia para os obxectivos dos nosos deportistas (Series mundiais Chicago, Campionato de Europa sub23 e youth e o Campionato de España Escolar). Cun total de nove deportistas convocados en competicións internacionais e outras sete baixas a maiores por diferentes motivos, nos fai pensar que Galicia non estaría en disposición de pelexar polo resultado que merece, o cal estaría moi afastado da realidade.
Además deste xeito tamén queremos instar aos órganos competentes para que se poñan solucións e non se volva a calendarizar un campionato de España coincidindo con outras citas de suma relevancia.

Un saúdo e grazas en especial a todos os deportistas que mostraron a súa predisposición para que a participación da Selección Galega neste campeonato fose efectiva.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.