LAURA MONTES E CRISANTO GRAJALES, CAMPIÓNS GALEGOS DE ACUATLÓN

26 de Xullo de 2014

 Laura Montes (Galaico Cidade de Pontevedra) e Crisanto Grajales (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse hoxe  en Parga (Guitiriz) campións galegos de Acuatlón 2014. No torneo, que se disputou en todas as categorías, participaron case 200 deportistas.

DSC_3737Na categoría masculina, Crisanto Grajales revalidou o título acadado no ano 2013. Crisanto cumpriu os prognósticos e chegou na primeira posición a meta (29:09), por diante de Andrés Cendán (Dexter Compostela) que foi segundo (30:15) e Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse, 30:25), terceiro.

Na proba feminina, Laura Montes (Galaico Cidade de Pontevedra) foi moi superior ás súas rivais, grazas ao segmento da natación (36:21). Foi dende o principio en cabeza, aínda que no primeiro sector tiña moi preto a Sandra Sobreira (Atletismo Porriño), pero na auga aumentou as distancias e chegou a meta con máis de catro minutos de distancia sobre Sandra (40:40). Na terceira posición, a júnior Xiana Rendo (Dexter Compostela) cun tempo de 41:53. As distancias na proba da categoría absoluta son de 2.500 de carreira a pe, 1.000 metros de natación e 2.500 de carreira.

Na imaxe, podio absoluto masculino.

O campionato comezou ás 16:30 horas coa saída de benxamíns e alevíns, e segundo as categorías, as distancias eran diferentes. Así os benxamíns e alevíns tiveron que facer 500 metros de carreira a pe, 200 metros de natación e 500 metros de carreira a pe. Os infantís percorreron 1.000 metros, 400 natación e 1.000 metros), mentres que as distancias da categoría cadete son 1.500 metros, 500 natación e 1.500 metros. Na proba cadete feminina, altísimo nivel, coas mellores deportistas do estado español en liza e triunfo final para Carmen Gómez, campioa de España de tríatlon da categoría. Na imaxe principal da noticia, o podio cadete feminino.

O resto dos campións galegos nas diferentes categorías son:

ü  Benxamín: Claudia Gámez (Tri-Penta Terras de Lugo) e  Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol).

ü  Alevín: Elsa Pena (Atletismo Porriño) e Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial).

ü  Infantil: Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol) e Jorge González (Natación Riveira).

ü  Cadete: Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e Carlos Brión (Natación Riveira).

ü  Júnior: Xiana Rendo (Arcade Inforhouse) e Alberto Castiñeira  (Arcade Inforhouse).

ü  Veterano/a: Silvia Deira (Arcade Inforhouse) e Fady Hout  (Tríatlon Coruña).

 

Clasificación menores

CLASIFICACION XERAL ACUATLON PARGA

 

 

Quizáis che interese…