Liga Nacional de Clubs de Dúatlon 2025 La Nucía

4 de Marzo de 2025

A fin de semana pasada, os días 22 e 23 de febreiro, celebráronse en La Nucía, Cidade do Deporte, as tres primeiras xornadas da Liga Nacional de Clubs de Dúatlon.

Con 3 campeonatos de España en Juego, Campionato de España de Dúatlon SuperSprint por Clubes, Campionato de España de Dúatlon SuperSprint por Relevos Mixtos, Campionato de España de Dúatlon SuperSprint 2×2 y con 6 clubes representando a Galicia. 

O club galego Cidade de Lugo Fluvial faise co título de Campión de España de Dúatlon SuperSprint por Clubes e tamén gaña o Campionato de España de Dúatlon SuperSprint por Clubes 2×2, o que lles permite colocarse á fronte da Liga de Clubes tras as tres primeiras xornadas. O club Triatlon Inforhouse Santiago tamén competiu en Primeira División e colócase no 11º posto despois das tres primeiras xornadas.

Na Primeira División Feminina, o equipo Cidade de Lugo Fluvial consegue unha terceira posición ao final de #fetrilanucia. No Campionato de España SuperSprint por Clubes Feminino, mención especial para Sara Guerrero (AD Nautico de Narón), cuxa chegada en primeira posición á meta sumou puntos clave para o seu equipo na clasificación xeral, dándolle unha 4ª posición ao club. O club Triatlon Inforhouse Santiago feminino remata na 12ª posición tras a súa actuación en La Nucía.

En Segunda División, cómpre destacar ao Club Deportivo Delikia, que remata na cabeza da Liga de Clubes en Segunda División.

Ademais do bo papel do Club Deportivo Delikia na primeira xornada da Liga de Dúatlon dentro do Campionato de España de Dúatlon por Clubes, tamén cómpre destacar ao AD Nautico de Narón e ao Club Triatlón Ferrol masculino, que acadaron a segunda e terceira posición, respectivamente. Tamén competiu en Segunda División o Club Triatlón Compostela quedando no 14º posto da xeral.

A Liga Nacional de Clubs de Dúatlon continúa en Avilés coa xornada 4 e 5 e cos Campionatos de España de Dúatlon Contrarreloxo por Equipos e o Campionato de España de Dúatlon por Relevos, tamén na categoría de talentos.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.