LUCAS CANDO VENCE NA CATEGORÍA INFANTIL NO OPEN INTERNACIONAL DE LEIRIA

18 de Abril de 2015

A selección galega de categorías menores de Péntatlon Moderno competiu hoxe 18 de abril no Open Internacional de Péntatlon Moderno de Leiría. Os galegos lograron un total de catro medallas neste campionato.

Na categoría infantil houbo pleno galego. Martín Cando logrou o ouro, Martín Freije foi prata e Martín Pardo acadou a medalla de bronce. A estas tres preseas, hai que sumar a prata de Lucas Pena en alevín, mentres que Óscar López foi noveno nesta mesma categoría.

Ademais Claudia Gámez estivo moi preto do podio, coa cuarta posición en alevín, mentres que Javier Pena foi quinto e Manuel Sotelo, décimo en cadete. As categorías neste torneo non correspondían coas oficiais a nivel español ou internacional, polo que as e os nosos cativos tiveron que enfrontarse a rapaces de máis idade. Aínda así, o máis importante é competir contra deportistas de bo nivel e iso é o que se busca con este tipo de competicións.

 

 

Quizáis che interese…