MÁIS DE 140 DEPORTISTAS NA PROBA DE NADA E CORRE DE VIVEIRO

28 de Xaneiro de 2016

O programa “Nada e Corre” do 2016 celebra este domingo 31 de xaneiro a segunda proba en Viveiro coa participación de máis de 140 deportistas de categorías menores. Este ano o programa ten as novidades da incorporación da categoría prebenxamín e do paratríatlon (deportistas con discapacidade).

O Nada e Corre de Viveiro comezará as 10:00 horas do domingo 31 de xaneiro coa celebración da proba de natación na piscina de Viveiro. Hai inscritos 7 prebenxamíns, 37 benxamíns, 32 alevíns, 35 infantís e 30 cadetes (masculinos e femininos).

Este programa, que comezou no 2012 promovido pola Federación Galega de Tríatlon, ten como obxecto traballar en inverno a natación e a carreira. O programa “Nada e Corre”, que se desenvolve no primeiro trimestre do ano, está formado por catro probas clasificatorias zonais e unha final. Na final, que aínda non ten data nin lugar asignado, estarán  os catro mellores de cada proba clasificatoria por categoría e sexo.

As distancias a realizar dependerán das categorías:

  • Prebenxamín: 25 metros de natación e 250 de carreira a pe.
  • Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
  • Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
  • Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
  • Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Quizáis che interese…