A galega Camila Alonso disputará o domingo 31 de xaneiro o Campionato Iberoamericano, que se disputará en Mérida (México).
A galega, que estaba concentrada en Lanzarote cos seus compañeiros do grupo de Alto Rendemento do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, foi convocada pola Federación Española de Tríatlon para asistir a este evento, que será o primeiro do ano. A competición disputarase sobre a distancia olímpica, é dicir, 1.500 metros de natación, 37 de bicicleta e 10 de carreira a pe.
Camila continúa na categoría sub 23 e será a súa primeira competición con deportistas de elite a nivel internacional. Por iso, o obxectivo fundamental é coller experiencia e ir adaptándose á distancia olímpica, despois dos bos resultados acadados o pasado ano en sprint. Ademais, a competición quizais un pouco pronto para a ferrolá, sobre todo porque leva máis de quince días de acumulación de traballo nas pernas, neste duro inicio de tempada.