MÁIS DE 80 EQUIPOS DARANSE CITA EN VEDRA NO CAMPIONATO GALEGO DE DÚATLON CONTRA O RELOXO POR EQUIPOS

16 de Febreiro de 2017

Esta fin de semana Vedra volverá a acoller (por terceiro ano consecutivo) o Campionato Galego de Dúatlon contra o reloxo por equipos. Esta cita, que terá lugar o sábado 18 de febreiro a partir das 15:00 horas, celebraranse tres probas (Open e os Campionatos Galegos masculino e feminino) na que participarán un total de 81 equipos.

A proba Open comezará ás 15:00 horas e na mesma os clubs poden presentar varios equipos. Desta forma, na categoría masculina hai inscritos 46 equipos, mentres que na feminina hai dous.

O Campionato Galego Feminino será o primeiro en celebrarse, a partir das 16:00 horas e no mesmo hai inscritos 7 equipos, entre os que figura o campión do pasado ano, NoSportLimit. O Galego masculino comezará posteriormente coa participación de 26 equipos. Arcade Inforhouse defenderá o título do pasado ano e enfronte terá a rivais coma Artrogal Tri 498, Tríatlon Morrazo, O Treito, Olímpico de Vedra, entre outros.

Nesta modalidade de contra o reloxo, os equipos van saíndo de xeito escalonado cada minuto, e estarán compostos por entre 4 e 6 compoñentes, que terán que disputar a proba agrupados en todo momento. Non está permitido o drafting (ir a roda doutro equipo). Ao final contará en meta o tempo do cuarto integrante do club, despois de completar un recorrido de 5 quilómetros a pe, 20 en bicicleta e 2,5 qm. a pe novamente. A proba, que conta con nova ubicación, será nas inmediacións do Polideportivo Municipal de Vedra.

2016. NoSportLimit (feminino) e Arcade Inforhouse (masculino) proclamáronse o pasado ano en Vedra campións galegos de dúatlon na modalidade de contra o reloxo por equipos, nunha proba marcada polas durísimas condicións meteorolóxicas.

 

 

Quizáis che interese…

Oleiros é Tríatlon

Oleiros é Tríatlon

[Actualizado 13:00 01 de Junio de 2021] Xa temos os gañadores e as clasificacións do Tríatlon de...