MÁIS DE DOUSCENTOS PARTICIPANTES NO CAMPIONATO GALEGO DE ACUATLÓN, QUE SE CELEBRA O 30 DE XULLO EN CEDEIRA

28 de Xullo de 2016

Máis de douscentos deportistas (205) participarán o día 30 de xullo no Campionato Galego de Acuatlón das categorías menores e absoluta 2016, que se celebrará en Cedeira.

O programa do I Acuatlón de Cedeira comezará o sábado 30 de xullo ás 13:15 horas coa celebración da proba da categoría benxamín (para nenas e nenos nados nos anos 2006/07) na que participan 37 deportistas que terán que facer 250 metros de carreira, 100 de natación e 250 de carreira.

Os alevíns inscritos (nados nos anos 2004/05) son 32 e as súas distancias son 500 metros de carreira, 200 de natación e 500 de carreira. Na categoría infantil (2002/03) contamos con 50 deportistas, que terán que facer 1.000 – 400 – 1.000 e as distancias para os 34 cadetes participantes (dos anos 1999, 2000 e 2001) serán de 1.500 – 500 – 1.500.

Posteriormente (15:15 horas) darase a saída a proba absoluta-júnior e veterán (nados no ano 98 e anteriores) coa participación de 52 deportistas. Nesta proba as distancias serán de 2.500 metros de carreira a pe, 1.000 metros de natación e rematan con 2.500 de carreira.

Na categoría feminina Marta Barbeito (A.D. Fogar) defende o título do pasado ano fronte a deportistas coma Melina Alonso (Tríatlon Ferrol), Carla Castaño (Arcade Inforhouse) ou Claudia Villar (Náutico de Narón). Na proba masculina non está inscrito o actual campión galego Pablo Dapena, polo que teremos novo campión. Ismael López (Tríatlon Vilagarcía), Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse), Carlos Brión (Natación Riveira) ou Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol) son algúns dos favoritos para facerse co título.

A saída terá lugar na praia da Magdalena de Cedeira, mentres que as transición e a meta están ubicadas na Praza do Sagrado Corazón desta fermosa vila.

 

Ano 2015. Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) e Marta Barbeito (A.D. Fogar) proclamáronse campións galegos de Acuatlón no Desafío Illas Cíes, que se celebrou en Vigo.

Quizáis che interese…