Mar Delgado e Alexandre Otero, campións do Circuito de dúatlon cros

20 de Decembro de 2022

O CIRCUITO GALEGO DE DÚATLON CROS FINALIZA CO I DÚATLON DE NADAL TERRAS DE ORDES

A proba de Tordoia era de puntuación dobre e nela decidíase o título de campión e campeona do circuito.

O pasado sabado celebrouse en Tordoia o I Dúatlon de Nadal Terras de Ordes, unha proba organizada  pola Mancomunidade Terras de Ordes xunto co Club AD Fogar da Xuventude e a Federación Galega de Tríatlon.

A competición comezou coa saída dos participantes de categorías menores, quenes realizaron un circuito de 3 km de carreira a pé, 9 km de BTT e 1,5 km de carreira a pé por unha das rutas de sendeirismo e BTT do Concello de Tordoia.

Os gañadores en categoría Infantil foron Xabier Bautista (Club Atletismo Porriño) e  Aitana García (Club Deportivo Pinarium). En categoría Cadete o triunfo foi para Hugo Souto (A.D Fogar) e Maria Puga (A.D Fogar), mentres que en categoría Xuvenil, o primeiro posto foi para Rubén Otero (A.D Fogar).

Na categoría absoluta, os duatletas tiveron que completar un percorrido de 6 km de carreira a pé, 18 km de BTT e 3 km de carreira a pé ata chegar a línea de meta nas proximidades da piscina municipal de Tordoia.

A proba masculina estivo encabezada en solitario por Iván Puentes, do Tríatlon Ferrol, ata a última volta de ciclismo onde déronlle caza os duatletas Alexandre Otero (Club Tríatlon Rianxo) e Marcos Mayo (Club Tríatlon O Treito). Os tres chegaron á segunda transición moi preto polo que o gañador da proba decidiuse nos kilómetros finais.
Alexandre Otero foi quen levantou a cinta de meta, cun tempo de 1:19:09. O segun posto foi para Iván Puentes (01:19:16) e o terceiro para Marcos Mayo (1:20:10).

Alexandre Otero (Club Tríatlon Rianxo) subiu ao máis alto do podio por partida dobre xa que tamén proclamouse campeón do Circuito Galego. A segunda posición foi para Marcos Mayo (Club Tríatlon O Treito) e a terceira para Gabriel Castiñeiras (Tríatlon Costa da Morte).

Na categoría feminina, cinco mulleres tomaron a saída. Mar Delgado, do Tríatlon Ferrol, volveu a demostrar a seu gran nivel colocándose na cabeza dende os primeiros metros,  posición que mantivo ata o final para proclamarse gañadora da proba cun tempo de 01:50:53. O segunda posto foi para a duatleta Miriam Iglesias (A.D Media Ducia) cun tempo de 02:01:20 e o terceiro para Cristina López (Nosportlimit) 02:07:16.

Na clasificación final do Circuito Galego a vencedora foi Mar Delgado (Tríatlon Ferrol), o segundo posto foi para Miriam Iglesias (A.D Media Ducia) e o terceiro para Ana Ramos (Club Cervecería O Coton Negreira).

A proba tamén contou cunha proba de relevos por parellas. O primeiro posto foi para o equipo Coristanco, seguido do Tri Arteixo. 

Quizáis che interese…