MAR VILLAR E CÉSAR MONTES, GAÑADORES DO XXV VILA DE ALLARIZ

23 de Agosto de 2014

Mar Villar (Tríatlon Morrazo) e César Montes (Tríatlon Coruña) proclamáronse hoxe gañadores da vintecinco edición do Tríatlon Popular Vila de Allariz, que reuniu a 150 deportistas. Magnífico ambiente, coma todos os anos nesta proba, nunha tarde moi soleada e con moito público gozando do espectáculo.

Na categoría feminina, Mar Villa logrou a vitoria con certa comodidade. Entrou en meta cun tempo de 1:23:41, mentres que Sonia Pariente (Tríatlon Morrazo) foi segunda (1:25:58) e na terceira posición chegou Vanesa Díaz (Tríatlon Lugones) cun tempo de 1:28:17.

A proba masculina estivo moito máis axustada e iso puido contemplarse no resultado final, xa que os tres primeiros entraron en quince segundos. O gañador foi o deportista do Tríatlon Coruña, César Montes (1:11:09), mentres que segundo foi Fady Hout Varela (tríatlon Coruña) a oito segundos e Juan F. Fernández Moldes (Monteabaixo) foi o terceiro cun tempo de 1:11:24. Ademais, na categoría de clubs, proclamouse gañador o Tríatlon do Morrazo.

 

Quizáis che interese…