MARÍA ORTEGA, 43ª NA PROBA DAS SERIES MUNDIAIS DE CIDADE DO CABO

25 de Abril de 2015

A galega María Ortega rematou hoxe na 43ª posición na proba das Series Mundiais de Cidade do Cabo. Desafortunadamente a deportista non logrou superar o corte e así sumar puntos para o ránking mundial, xa que ese era o obxectivo.

María, que está adestrando no Grupo de Alto Rendemento do CGTD,  fixo unha moi boa natación e primeira transición, pero no segmento de ciclismo non puido aguantar o ritmo de segundo grupo e quedou descolgada para o terceiro. E así foron esfumándose as posibilidades da nosa deportista, que rematou na 43ª posición cun tempo de 2:00:47. Logrou o triunfo nesta proba do Mundial a británica Vicky Holland cun tempo de 1:49:51.

 

Quizáis che interese…