MARÍA ORTEGA E PABLO DAPENA, CAMPIÓNS DO II TRÍATLÓN ATLÁNTICO – BAIONA

5 de Xuño de 2016

María Ortega (Tri-Penta Terras de Lugo) e Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) cumpriron os prognósticos e proclamáronse campións do  II Tríatlon Atlántico – Baiona. Ademais, Pablo Dapena e Sonia Pariente son os novos campións galegos de distancia curta sen drafting.

Tanto Pablo como María partían como favoritos nunha proba cunha altísima participación e non decepcionaron. Pablo Dapena foi o absoluto domiñador da proba dende o primeiro momento, e así logrou chegar a meta con máis de seis minutos de vantaxe sobre o segundo, que foi Cristóbal Dios (Tri-Penta Terras de Lugo). Cristóbal foi de menos a máis e rematou cun tramo a pe espectacular. O bronce foi para Lucas Escaneo (Tríatlon Morrazo).

Na categoría feminina, María Ortega tamén foi a mellor dende o primeiro segmento. Na natación acadou case un minuto de distancia sobre a segunda clasificada (Sonia Pariente) e foi aumentando a vantaxe na bicicleta. Así, no úlitmo sector puido ir regulando forzas e chegar a meta con comodidade. A segunda posición foi para Sonia Pariente (GV Sports Club), que acadou ademais o título de campioa galega na distancia curta sen drafting, mentres que terceira foi María Jesús Coya (GV Sports Club).

A disputouse sobre a distancia olímpica (1.500 metros de natación, 40 quilómetros de bicicleta e 10 quilómetros de carreira a pe). A principal característica desta proba é que se disputa sen drafting, é dicir, está prohibido ir a roda doutro ciclista ou circular en pelotón.

II TRIATLON ATLANTICO BAIONA

Quizáis che interese…