MARÍA ORTEGA, SEXTA NA COPA ÁFRICA DE LARACHE

8 de Maio de 2016

María Ortega, deportista que adestra do no Grupo de Alto Rendemento do CGTD, rematou na sexta posición na Copa África Sprint de Larache, que se celebrou onte. Foi o mellor resultados dos deportistas da Federación Galega de Tríatlon presentes na cidade africana: Luismi Velásquez (venezolano con licenza galega que adestra no CGTD) foi undécimo na proba masculina, despois de facer un grandísimo traballo e sufrir unha caída durante o segmento de bicicleta cando ía no trío de cabeza.

María Ortega, que está tendo problemas para adestrar por culpa dunhas molestias que non lle permiten traballar a natación, cumpriu coa súa sexta posición (01:11:44). A francesa Mathilde Gautier foi a vencedora cun tempo de 01:06:50.

Na proba masculina, Luismi Velásquez foi un dos protagonistas da proba, ao participar de forma activa na escapada que foi decisiva ao final. O integrante do grupo de Alto Rendemento do CGTD ía en cabeza xunto a Ricardo Hernández e o francés Shaw, despois de facer todos eles unha boa natación. Os tres traballaron moi ben no ciclismo e lograron aumentar as distancias, pero Luismi caeu e quedou fóra das opcións de loitar polo podio. Ao final, triunfo para Raoul Shaw, mentres que segundo foi Ricardo Hernández e bronce, Jesús Gomar. Luismi Velásquez ocupou a 11ª posición cun tempo de 00:58:21. Carlos Brión foi 19º (01:00:59), mentres que Iago Lorenzo foi 24º (01:06:29).

Resultados Larache

 

Quizáis che interese…