MARTA BARBEITO E ALBERTO CASTIÑEIRA, GAÑADORES DO X TRÍATLON DE RIAZOR

17 de Maio de 2016

Marta Barbeito (AD Fogar) e Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse) proclamáronse hoxe vencedores do X Tríatlon de Riazor, proba clasificatoria para o Campionato Galego de Tríatlon.

Na categoría feminina Barbeito foi a clara domiñadora dende a bicicleta, e despois, na carreira a pe, so tivo que manter as distancias. Na segunda posición, a máis de dos minutos, Amelia Roca (Cidade de Lugo) e terceira foi Karola Böhme (Nautico de Narón).
Na proba masculina, triunfo de Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse) que entrou en meta xunto a César Ramiro Saracho (Tríatlon Arteixo). Na terceira posición, a 90 segundos, chegou Martín Carrera (Natación Riveira).
A continuación tedes todas as clasficacións.

Quizáis che interese…