Marta Barbeito (A.D. Fogar) e Pedro Antonio Esmorís (Muralla de Lugo) proclamáronse hoxe campións da XXV edición do Tríatlon Popular Concello de Oleiros.
A proba, que se celebrou nun día con moita calor, descorreu sen incidentes, aínda que as e os participantes chegaban moi cansos á meta polas altísimas temperaturas. Na categoría feminina, vitoria clara de Marta Barbeito cun tempo de 1:17:48. Na segunda posición, Mar Villar (Tríatlon Morrazo, 1:21:31) e terceira, Marta Gil (A.D. Fogar, 1:23:50).
Na categoría masculina, triunfo do máximo favorito, Pedro Antonio Esmorís (Muralla de Lugo) cun tempo de 1:06:03. A pouco máis de medio minuto chegou o deportista do Arcade Sergio García (1:06:35) e terceiro foi Alexandre Rodríguez (Tríatlon Morrazo) cun tempo de 1:07:37.