A selección galega de péntatlon moderno sigue adiante coa súa preparación do Campionato de España, que se celebrará dentro de dúas semanas. Esta fin de semana, o noso equipo participou no Meeting Internacional de Péntatlon Moderno Vila de Leiria, onde sumou varias medallas.
Así, na categoría benxamín Manuel Cobas logrou o triunfo por diante de Leo Sánchez, que foi prata. En benxamín feminina, bronce para Mireia Vázquez.
En infantil, varias preseas para a selección galega. Na proba feminina, dúas galegas no máis alto de podio. O ouro foi para Claudia Gómez, mentres que a prata foi para Mercedes Vila. Na categoría masculina, Alejandro Vázquez logrou a prata e Oscar López foi bronce.