CRISTINA TORRES E CÉSAR OTERO, VENCEDORES DO I TRÍATLON ILLAS ESTELAS

7 de Maio de 2017

Cristina Torres (Mar de Vigo) e César Otero (Olímpico de Vedra) proclamáronse hoxe en Nigrán vencedores do I  Tríatlon Illas Estelas, que reuniu a un total de 340 deportistas.

WhatsApp Image 2017-05-07 at 14.37.07Foi unha xornada espectacular, con máis de vinte grados de temperatura e un día despexado e estival. Así, na proba feminina, Torres fixo unha proba moi regular estando sempre nas primeiras posicións. Despois de facer o mellor parcial na bicicleta, ocupaba a primeira posición na T-2 e na carreira a pe foi regulando forzas para chegar a meta como vencedora cun tempo final de 1:14:58. A segunda posición foi para Cristina García (Tríatlon Motobike Galaico) a 26 segundos, e o bronce para María del Camino Carballeira (licenza dun día), xa moi afastada.

Na carreira masculina, a proba estivo moi competida ata o final con varios triatletas con opcións ao triunfo. Así, Cesar Otero decidiu a súa vitoria no terceiro segmento, na carreira a pe, na que acadou o mellor tempo de todos os competidores. Así logrou o triunfo cun tempo final de 1:02:06, mentres que segundo foi Jacobo Crego (Olímpico de Vedra) a só 8 segundos do seu compañeiro. A terceira posición foi ocupada por Agustín Ríos (Tríatlon Rías Baixas)  cun tempo de 1:02:22.

A proba celebrouse sobre a distancia sprint, con saída dende a praia de Panxón (750 metros de natación, 19,5 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pe).

*Resultados provisionais.

 

 

Quizáis che interese…

Galegos con maiúsculas

Galegos con maiúsculas

Antonio Serrat, Susana Rodríguez, Antonio Benito, Cidade de Lugo Fluvial, Pablo Dapena e as...