MELINA ALONSO, OITAVA NA COPA DE EUROPA DE LARACHE

25 de Outubro de 2015

Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) rematou na oitava posición na Copa de Europa de Larache, que se disputou esta fin de semana. Pola súa banda Pablo Dapena (Cidade de Lugo Fluvial) tivo que retirarse por lesión na Copa do Mundo de Tongyeong (Corea do Sur).

Melina estivo sempre nunha posición discreta, saindo da auga no sétimo lugar. Así, non poido remontar posicións nos seguintes segmentos, para rematar no oitavo posto cun tempo de 01:11:32. A gañadora da proba foi a portuguesa Melanie Santos cun tempo de 01:06:07.

Unhas horas antes, Pablo Dapena competía na Copa do Mundo de Tongyeong, a onde viaxaba con moita ilusión e a confianza de seguir sumando puntos no ránking internacional de cara á próxima tempada. E as cousas ían bastante ben para o galego, que saía entre os primeiros da auga e estivo sempre no grupo de cabeza na bicicleta. Pero os problemas xurdiron tan pronto comezou a carreira a pe, con molestias nun pe que lle ían facendo perder posición ata que finalmente no quilómetro 3, tivo que abandoar a probar polas dores que tiñan que lle impedían correr.

.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.