NARÓN ACOLLERÁ O DOMINGO UN CLASIFICATORIO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DÚATLON

28 de Febreiro de 2019

Narón acollerá este domingo 3 de marzo o Dúatlon Cidade de Narón, que será clasificatorio para o Campionato de España de Dúatlon. Ademais, tamén se celebrará un dúatlon popular e unha proba de promoción.

A actividade deportiva comezará ás 10:20 horas coa celebración do II Dúatlon Popular Cidade de Narón no que participarán uns 90 deportistas. As distancias serán de 3,75 quilómetros de carreira a pé, 15 quilómetros de ciclismos e 1,25 de carreira a pe. A saída, transición e meta estarán ubicadas na rúa Camiño da Praia. Posteriormente (11:45 horas) darase a saída a unha proba de promoción non competitiva para prebenxamíns con distancias adecuadas a estas idades (200 metros – 600 metros de ciclismo – 100 metros).

Os clasificatorios para o Campionato de España darán comezo ás 12:00 horas con deportistas de Galicia principalmente, pero tamén de Asturias, Estremadura, Madrid ou Castela e León. As distancias  nesta proba serán de 5 quilómetros de carreira a pe, 18,8 quilómetros de bicicleta e 2,5 de carreira a pe.

Na proba masculina haberá unha destacada participación con nomes como Brais Canosa (Arcade Inforhouse), Martín Carrera (Tríatlon Boiro), Ismael Vieitez (Tríatlon Arteixo), Brais Misa (Arcade Inforhouse) ou Marcos Ruiz (Tríatlon Ferrol), entre outros.

Na feminina (12:05) haberá tamén unha alta e importante participación, con deportistas como Ana María Santiso (Náutico de Narón), María Lois (Arcade Inforhouse), Teresa Barreira (Tríatlon Ferrol), Edymar Brea (Tri-Penta Terras de Lugo), Penélope Martínez (Tríatlon Arteixo), Carla Castaño (Arcade Inforhouse) ou Marta Barbeiro (Náutico de Narón).

 

 

 

Quizáis che interese…