A Casa do Concello de Narón acolleu a presentación do “Trishark Narón 2019”. Que se disputará no paseo marítimo de Xuvia o próximo 3 de agosto. A proba está encadrada dentro do calendario da Federación Galega de Tríatlon.
No acto de presentación acudiu o concelleiro de deportes de Narón, José Oreona, que felicitou á Agrupación Deportiva Náutico de Narón pola organización deste evento e tamén polos éxitos acadados polos deportistas locais que compiten baixo os colores do clube.
Amando Guerrero, presidente da A.D. Náutico de Narón e delegado para a provincia da Coruña da Fegatri, tamén acudiu á presentación. Agradecendo a colaboración de todas as empresas que colaboran para facer posible esta competición e ao Concello de Narón polo seu apoio para manter esta proba no calendario galego ano a ano.
No que atinxe á parte deportiva. Ata o momento as inscricións rexistrán nomes de triatletas de nivel que se darán cita en Narón. É o caso de Antón Ruanova, vencedor na pasada edición. Nico Domínguez, do HPS Triatlón Las Palmas ou triatleta internacional David Castro Fajardo.
En categoría feminina a triatleta local Sara Guerrero, xunto cas súas compañeiras de equipo Ana Santiso, Nerea García e Paula Guerrero estarán presentes na proba naronesa.
As inscricións están dispoñibles na seguinte ligazón: Trishark