Nerea García, segunda no Clasificatorio Youth de Pulpí

3 de Xuño de 2018

Nerea García Busto (Náutico de Narón) acadou a segunda posición no Clasificatorio Youth, que se celebrou o sábado en Mar de Pulpí (Almería). Esta proba era a fase nacional  para optar á clasificación europea para os Xogos da Xuventude de Bos Aires. A clasificación directa era para os primeiros clasificados masculino e feminino, pero a esa proba Europea irán dúas mulleres e tres homes, que será elixidos pola Dirección Técnica da Federación Española. Vistos os resultados, Nerea ten serias opcións de ser convocada.

En representación de Galicia, na proba feminina participaron Nerea García e Henar Cons Gestido. Ambas estiveron toda a carreira en cabeza escapadas con Iratxe Arenal, pero na carreira a pe, Henar foi quedándose atrás. Así, ao final logrou o triunfo Iratxe, con Nerea García na segunda posición e Henar Cons, cuarta.

Na proba masculina, competiron Esteban Basanta, Xesús Martiño e Jorge González, que non puideron loitar polo podio. Esteban Basanta foi sétimo, Xesús Martiño, noveno e Jorge González, undécimo. Foi un día de moitísima calor e os rapaces sufriron bastante por este motivo, sobre todo porque non había avituallamiento na carreira a pe.

 

 

Quizáis che interese…

Montreal

Montreal

Montreal acolle unha nova cita das Series Mundiais e o Campionato do Mundo Junior de Tríatlon....