NICOLÁS DOMÍNGUEZ E CRISTINA TORRES, GAÑADORES DO X DÚATLON DE GUITIRIZ

13 de Febreiro de 2016

Nicolás Domínguez (HPS Tríatlon) e Cristina Torres (Mar de Vigo) proclamáronse hoxe gañadores do X Dúatlon Concello de Guitiriz, primeira proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016.

O Dúatlon de Guitiriz, que se celebrou sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 20 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), disputouse nunha desapacible tarde de inverno, con moito vento e choiva.

Na categoría feminina había moitas caras novas e foron elas as que animaron a carreira. Jésica Muiños (GV Sports Club) comezou a mandar no primeiro segmento e así chegou a transición na primeira posición. Pero na bicicleta a cadete Cristina Torres fixo un magnífico parcial e logrou poñerse en cabeza e xa non abandonou ese posto ata a chegada a meta (01:18:03). Na segunda posición, Marga Villaverde (GV Sports Club) a medio minuto (01:18:34) e o terceiro posto foi para Enma Romeo (Tríatlon Ferrol) cun tempo de 01:18:34.

Na proba masculina houbo emoción de principio a fin. Nicolás Domínguez (HPS Tríatlon), Brais Misa (Atletismo Porriño) e Ismael López (Tríatlon Vilagarcía) tiveron unha dura loita dende o primeiro segmento. Na carreira a pe estiveron xuntos e así enfrontaron a bicicleta, na que tampouco se separaron. Desta forma, todo se decidiu nos metros finais. O galego Nicolás Domínguez, pero afincado en Canarias,  cruzou a liña de meta na primeira posición (59:15), mentres que segundo foi Brais Misa a só catro segundos (59:19) e terceiro, Ismael López (59:41).

Os gañadores noutras categorías foron:

  • Cadete: Cristina Torres (Mar de Vigo) e Antonio Souto (Cidade de Lugo Fluvial).
  • Júnior: Brais Otero (Arcade Inforhouse).
  • Sub 23: Katia Senín (Olímpico de Vedra) e Carlos José Cándano (Tríatlon Ferrol).
  • Veterán 1: Marta Otero (FEFEME Tríaton do Miño) e Fady Hout Varela (Tríatlon Coruña).
  • Veterán 2: Laura López (Tri Ourense) e Andrés López Torres (Tríatlon Vilagarcía).
  • Clubs: GV Sports Club (feminino) e Atletismo Porriño (masculino).

O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2016 está formado por cinco   probas: Guitiriz, Santiago, Riveira, Arteixo e Vigo. En xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon (18 prazas en cada proba do circuíto).

 

 

Quizáis che interese…