NO WILD WOLF TRIATHLON SERIES BY POLAR DA CORUÑA PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO 650 DEPORTISTAS

29 de Agosto de 2013

 Este domingo 1 de setembro a cidade da Coruña acollerá a sexta proba da oitava edición da Wild Wolf Series by Polar, na que participarán un total de 650 deportistas. O dato máis destacado é a enorme popularidade que este circuíto está logrando que pode verse reflectido no número de inscritos. No ano 2012 houbo un total de 470 participantes, mentres que este ano son 650.

O circuíto está formado por 10 etapas, nas que se celebrarán diferentes probas de tríatlon dependendo das distancias (olímpica e sprint, tanto individuais coma por relevos). Así, a primeira da proba da Coruña comezará ás 08:15 horas na praia de Riazor e todo o percorrido (tamén de bicicleta e carreira a pe) discorrerá moi preto do mar, nun entorno espectacular.

Hai que destacar a presenza de importantes triatletas entre os inscritos tanto na proba sprint (750 metros de natación -22 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe) coma na olímpica (1.500 metros – 38 quilómetros – 10 quilómetros). Así, Antonio Serrat (Wild Wolf Cidade de Lugo), Miguel Ángel Acosta (Wild Wolf) ou José Manuel Pardo (Muralla de Lugo) aspiran ao triunfo na modalidade olímpica, mentres que Alejandro González (Cidade de Lugo) ou Andrés Cendán (Dexter Tríatlon) disputarán a distancia máis curta. Na categoría feminina, podemos nomear a Marta Barbeito (A.D. Fogar) ou Xiana Rendo (Dexter Tríatlon) na distancia sprint e Silvia Deira (Arcade Inforhouse), Leticia Baña (Tríatlon Ferrol) ou Lorena García (Mar de Vigo) na olímpica.

O circuíto Wild Wolf Tríathlon Series by Polar comezou en Madrid (29 e 30 de xuño) e xa se disputaron as probas de Castellón, Barcelona, Andorra e Tarragona. Trala celebración da etapa de tríatlon na Coruña, quedarán por diante as probas de Palma de Mallorca, San Sebastián, Gava e Málaga.

 

 

Quizáis che interese…