NOVA CITA NAS WTS PARA ANTONIO SERRAT E JAVIER GÓMEZ NOYA.

28 de Xuño de 2019

Na cidade canadiense de Montreal atopanse Javier Gómez Noya e Antonio Serrat para reprensentar a España nunha nova cita das Series Mundiais de Tríatlon.

Os triatletas galegos chegan a Canadá despois de competir o fin de semana pasado en probas ben dispares.
Pois recordemos que Antonio Serrat representou ao seu clube, o Tripenta Terras de Lugo no Campionato de España de Tríatlon por Clubes en Boiro. Vencendo na proba individual. Pola outra banda Javier Gómez competiu no Campionato de Europa de Ironman 70.3 celebrado en Dinamarca, facendose coa segunda posición.

A proba que se disputará en distancia Sprint contará coa baixa do actual líder no ranking das WTS, o francés Vicent Luis. Quen sabe se un bo resultado de Javier Gómez o poderá acercar máis ao liderato, xa que actualmente atopase na cuarta posición.

A competición masculina disputarase o sábado as 22:36 (hora española) e poderase seguir en https://www.triathlonlive.tv/

Quizáis che interese…