O tríatlon galego conta dende o 3 do 3 coa revista TRÍPTICA, un medio de comunicación impreso e tamén con presenza en redes sociais, que publicará o seu primeiro número o 22 de marzo no Dúatlon Cidade de Lugo.
TRÍPTICA chegará aos afeccionados galegos directamente nas probas celebradas en Galicia coa distribución mensual de 300 exemplares gratuítos.
De qué falará TRÍPTICA?
Competicións: dos circuítos e das probas galegas máis alá dos postos de podio.
Clubs: dos equipos de tríatlon galegos.
Escolas: dos canteiráns de toda Galicia.
Elite: de ídolos, con Javi Gómez Noya como referente.
Internacionais: dos triatletas galegos que soen competir ao longo do ano nas probas do circuíto o nos campionatos autonómicos, compaxinándoo co seu calendario ITU.
Para que os seus contidos cheguen a todo o mundo, a maiores do reparto in situ nas probas, publicarase unha versión dixital de cada número da revista TRÍPTICA.