UXÍO ABUIN, QUINTO NA COPA DE OCEANÍA DE WOLLONGONG

8 de Marzo de 2015

Uxío Abuín logrou a quinta posición na Copa de Oceanía de Wollongong (Australia), mentres que Pablo Dapena foi décimo quinto.

Esta proba disputouse sobre a distancia sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de bicicleta e 5 de carreira a pe) e Uxío estivo loitando polos primeiros postos ata o final, Foi na carreira a pe onde se decidiu todo e Abuín perdeu algún posto, mentres que o australiano Jacob Birtwhistle foi o mellor e así logrou a primeira posición na liña de meta (54:58). Uxío Abuín logrou a quinta posición cun tempo de 55:44, mentres que Pablo Dapena foi décimo quinto con 56:19.

Quizáis che interese…

Política de cookies

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volve ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.